Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo logra unha axuda da Unión Europea para a dotación de wifi gratuíta en espazos públicos

O Concello de Abegondo habilitará redes wifi gratuítas en espazos púbicos para facilitar o acceso a internet dos veciños. Trátase dun proxecto para o que xa o goberno local habilitou unha partida nos orzamentos municipals e que agora recibe o impulso da Unión Europea.

Onte anunciouse a resolución da convocatoria do programa "Wifi4EU", que ten como obxectivo a promoción de puntos de acceso inalámbrico en espazos públicos. Son 3.400 municipios europeos, dos que 510 son españois, os beneficiarios. Na relación, Abegondo é a único da área metropolitana coruñesa.

O programa europeo inxecta 15.000 euros a cada concello para a adquisición dos equipos necesarios para pór en marcha as redes wifi. Daquela os municipios son os encargados do contrato coas operadoras e o mantemento das redes, polo menos tres anos desde a súa posta en marcha.

O Concello analiza os espazos viables para lanzar as redes. O seu implementación varía en función da súa localización, pola tecnoloxía de internet dispoñible en cada zona, e as características dos espazos.

De entrada, a idea é implantalas nos espazos de maior concorrencia de veciños. Poderá ser o caso da Casa do Concello, cunha rede para traballadores e outra pública, o polideportivo municipal e dependencias como campos de fútbol, o centro cultural ou parques.

As redes coordinaranse de tal forma que alguén con acceso xa non terá que configuralo de novo en cada punto. O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, destaca a importancia do programa para a prestación dun servizo "moi necesario a día de hoxe para os nosos vecinos".


RGporn.com - Download Porno HD