Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

O Concello asumirase o Servizo de Axuda no Fogar ata que se adxudique o novo contrato

O Concello de Abegondo asumirá directamente a xestión do Servizo de Axuda non Fogar (SAF) durante aproximadamente un mes. Así se decidiu hoxe, luns 29 de abril, na sesión ordinaria que se celebrou na Casa Consistorial. Trátase dunha medida de carácter temporal "coa que se busca seguir prestando este servizo fundamental para os usuarios e usuarias do municipio", indicou o alcalde, José Antonio Santiso, durante a sesión. A proposta elevada polo equipo de goberno foi apoiada por unanimidade dos asistentes, contando cos votos a favor do Partido Popular, de AxA e Son de Abegondo-Foro Veciñal.

Durante a sesión, o rexedor abegondés explicou ao resto dos presentes a situación do Concello coa antiga empresa que xestionaba o SAF: despois de recibir queixas por parte dos veciños e das traballadoras da concesionaria, o Concello conseguiu rescindir coa compañía adxudicataria de mutuo acordo.

Actualmente, o equipo de goberno está a traballar xa na redacción dos novos pregos para sacar a concurso o servizo canto antes. "É un servizo esencial e urxente que non pódese deixar de dar porque hai moitas persoas que dependen do non seu día a día", concluíu Santiso.

Durante a sesión plenaria realizouse tamén o sorteo e a designación dos membros das mesas para as eleccións municipais e para as eleccións ao Parlamento do 26 de maio.


RGporn.com - Download Porno HD