Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo iniciou os traballos de rehabilitación da reitoral de San Tirso para dedicala a uso parroquial e sede da Reserva de Biosfera

O Concello de Abegondo comezou as obras de rehabilitación da casa reitoral de San Tirso de Mabegondo. Trátase dun dos proxectos máis importantes en materia de equipamento, para recuperar para uso veciñal unha infraestrutura situada no centro neurálxico do termo, xunto á rotonda da AC-542 e fronte ao centro cultural O Salón.

O seu destino será dobre. Por unha banda, acollerá a sede da Reserva de Biosfera “As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, que actualmente ocupa a antiga cámara agraria de Abegondo, con espazo moi reducido para as súas necesidades de programas de formación e de emprego. E por outro, a reitoral reservará así mesmo dependencias para o desenvolvemento de actividades municipais por parte dos veciños da parroquia.

Unha escavadora traballou no primeiro paso das obras: a demolición da distribución actual e das construcións. A rehabilitación comportará, entre outros traballos, a execución dunha nova estrutura de chan e cuberta, as instalacións de fontanería, electricidade e calefacción, o pintado da edificación tanto interior como exterior e a urbanización da contorna dentro da parcela.

Trátase dunha casa tradicional de dúas plantas rectangulares duns 180 metros cadrados de superficie útil cada unha. A planta alta acollerá espazo para as oficinas, con despacho, zona de traballo diáfana e unha sala de xuntas. Terá tamén un aseo adaptado e un pequeno arquivo. A planta baixa irá destinada a actividades ou cursos de formación, con aseos e un almacén. Ambas terán acceso independente.

A actuación supón, nesta primeira fase, un investimento de 175.000 euros, cofinanciados pola Deputación da Coruña. Estímase que se necesitarán seis meses para completar a actuación.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, destaca que a localización do inmoble é “idónea” para favorecer o acceso dos veciños aos programas da Reserva así como a outras actividades. “Crearemos un espazo adecuado para un proxecto tan importante como a Reserva de Biosfera e aumentaremos as posibilidades para San Tirso”, destaca.

O rexedor logrou a cesión do inmoble por parte da Igrexa, por unha duración de 25 anos. O Concello asumirá o mantemento da instalación durante os anos de vixencia do convenio.


RGporn.com - Download Porno HD