Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Pistoletazo de saída á III edición do Hitachi Air Cup de Abegondo

A Casa Consistorial de Abegondo acolleu o venres 5 de abril, a presentación oficial da III edición do Hitachi Air Cup, un torneo de fútbol que congregará a decenas de equipos da categoría benjamín a nivel galego, español e mesmo europeo.

O torneo, organizado polo club San Tirso S.D. en colaboración co Concello de Abegondo e co Real Club Deportivo da Coruña, alcanzará este ano unha dimensión internacional. Así, contarase coa presenza de conxuntos do nivel do Real Madrid C. F., do Club Atlético de Madrid, do Real Oviedo S.A.D. e do F. C. Porto, entre outros.

A fase previa do Hitachi será clasificatoria para a fase final, e disputarase o 20 e o 21 de abril. Os campións desta etapa disputarán a final o día 2 de xuño. O formato consistirá en catro previas de oito equipos repartidos en dous grupos, dos que se clasifican os dous primeiros de grupo ás semifinais e, posteriormente, á final, que levará a cabo o 2 de xuño no campo de fútbol de San Tirso de Mabegondo.

Á presentación acudiron o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, Isabel Rodríguez e Daniel González, do servizo de Deportes do Concello, o presidente do club San Tirso S.D., Carlos Fernández, o tesoureiro do mesmo club, José Manuel Calviño, e Albert Gil, coordinador de fútbol basee do Real Club Deportivo da Coruña.


RGporn.com - Download Porno HD