Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

O pleno de Abegondo énchese de nenos para dar a coñecer o funcionamento do Concello

O Concello de Abegondo viviu o xoves 4 de abril a sesión máis especial do seu pleno. Os escolares de terceiro e cuarto de primaria do colexio de San Marcos desprazáronse ata o consistorio para descubrir o funcionamento da administración local.

Participaron un total de 83 pequenos e pequenas, que con moito entusiasmo percorreron os diferentes departamentos municipais. Despois convertéronse en concelleiros nunha multitudinaria sesión plenaria.

O alcalde, José Antonio Santiso, atendeu ás súas múltiples preguntas, que lle realizaron con moita ilusión. Non deixaron tema sen tocar, pero sobre todo incidiron na forma de funcionar do Concello, aínda que tamén lle abordaron cuestións máis persoais.

“Que querías ser de maior?”, interrogoulle unha alumna. Santiso confesou que de moi pequeno o seu anhelo era ser piloto de aviación, pero máis adiante quería ser biólogo. Foi o seu pai o que lle aconsellou no seu camiño.

Outro lle preguntou que deportes lle gustaba practicar. Santiso revelou que é cinto negro de jiu jitsu, o que suscitou o asombro dos rapaces. “Agora trato de andar moito”, confesou.

O pasado de Abegondo tamén suscitou moito interese entre os escolares, do mesmo xeito que o funcionamento do pleno, algo que traballaron en clase nos últimos días.


RGporn.com - Download Porno HD