Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Programa incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas de longa duración (TR349R)

Finalidade / Obxectivo

Coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos parados e paradas de longa duración que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, e proceder á convocatoria para o ano 2019 dos incentivos á súa contratación por conta allea.

Por medio desta orde as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial, para a contratación temporal cunha duración inicial de 12 meses e para a formación (procedemento TR349R).

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima inicial de doce meses das persoas desempregadas de longa duración.
b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Tipo de convocatoria: Concorrencia non competitiva

Bases reguladoras: ORDE do 4 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR349R), publicada no DOG núm. 55 do mércores, 20 de marzo de 2019

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento

Poderán ser beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten persoas desempregadas de longa duración por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Requisitos:

1. A persoa traballadora pola que se solicita a subvención debe ser persoa desempregada parada de longa duración, segundo o establecido no artigo 5 desta orde.

2. Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo e neto da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto aos tres meses anteriores ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.

Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo e neto non se computarán as persoas traballadoras cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución do contrato de traballo durante o período de proba.

No caso de que nos tres meses anteriores á contratación pola que se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.

3. Os incentivos previstos neste procedemento serán de aplicación a todas as modalidades contractuais de carácter temporal a tempo completo que se realicen con persoas desempregadas paradas de longa duración.

Os contratos temporais terán unha duración mínima inicial de 12 meses.

Como consecuencia da contratación que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto aos tres meses anteriores ao mes da contratación.

Para o cálculo do incremento do cadro de persoal neto non se computarán as persoas traballadoras cuxas baixas se producisen por propia vontade da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba.

No caso de que nos tres meses anteriores á contratación pola que se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.

4. As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

 

Contía dos incentivos

* Bono contratación

1. As contratacións indefinidas iniciais realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda de 10.000 euros por cada persoa desempregada parada de longa duración contratada que cumpra os requisitos mencionados no artigo 21.

No caso de contratacións na modalidade de fixos-descontinuos a contía do incentivo será proporcional ao tempo de traballo.

2. As contratacións temporais cunha duración mínima inicial de doce meses realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda de 5.000 euros por cada persoa desempregada parada de longa duración que cumpra os requisitos mencionados no artigo 21.

Esta contía incrementarase nun 25% nos seguintes casos, que son acumulables entre si :

– Se a persoa desempregada parada de longa duración contratada é maior de 45 anos.
– No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
– Se a persoa traballadora contratada é unha persoa emigrante retornada.
– Se é unha persoa trans.
– Se é unha empresa con mais de 50 persoas traballadoras e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70%.
– Se a actividade da entidade solicitante pertence ao ámbito de sectores estratéxicos.

Aplicarase a subvención polos incrementos indicados pola persoa ou entidade solicitante, en caso de non exercer a opción, entenderase solicitada pola contía superior que quede acreditada coa documentación achegada coa solicitude.

* Bono de formación para o financiamento de accións formativas relacionadas co posto de traballo

Artigo 29. Accións subvencionables e requisitos

1. As empresas que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun bono para a formación das persoas traballadoras subvencionadas por medio do programa de bono de contratación indefinida inicial e temporal previsto nesta orde. Para isto teñen que cumprir os seguintes requisitos:

a) A persoa traballadora que recibe a formación e titorización ten que ser a mesma que participa no programa de bonos de contratación e, polo tanto, cumprir os mesmos requisitos que se establecen para participar no capítulo II.

b) En canto a duración da acción formativa será dun mínimo de 70 horas no caso dos contratos indefinidos iniciais e dunha duración mínima de 50 horas no caso dos contratos temporais, de formación teórica en contidos relacionados co posto de traballo a que asista integramente a persoa traballadora que participa neste programa.

Exclúese deste tipo de axuda a formación nas modalidades de teleformación e a distancia.

c) A acción formativa terá lugar dentro dos tres primeiros meses desde o inicio do contrato e deberá estar finalizada o 30 de novembro de 2019.

d) Para as contratacións realizadas entre o 16 de outubro de 2018 e a data de publicación desta orde, a acción formativa levarase a cabo no prazo de tres meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

2. Queda excluída deste bono de formación aquela que supoña o cumprimento de obrigas legais empresariais en materia preventiva a que fai referencia o artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Artigo 31. Contías dos incentivos e condicións da percepción

Esta formación incentivarase no caso dos contratos indefinidos iniciais cunha axuda de 4.000 euros por cada persoa traballadora dada de alta nun contrato indefinido e de 2.000 euros por cada persoa contratada por medio dun contrato temporal inicial cunha duración mínima de doce meses e que en ambos os dous casos cumpran os requisitos establecidos na presente orde.

Prazo de presentación de solicitudes

Prazo de presentación: ABERTO

21/03/2019 - 30/09/2019

1. O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación. / 2. As solicitudes de axudas polas contratacións por conta allea subvencionables realizadas entre o 16 de outubro de 2018 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal ao da publicación e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último día do mes. / 3. As axudas previstas polascontratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola que se solicita subvención. Se o último día de prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. 4. O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2019, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anteriores.

Información e tramitación:

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA/SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15071Coruña, A (Coruña, A)

Teléfono:881881583 / 881881586

Email: axudascontratacionallea.traballo@xunta.gal

Tamén poderá recibir información e asesoramento no Concello de Abegondo

Contacto: adl@abegondo.es /Telfs.: 981 647 909; 608 366 854


RGporn.com - Download Porno HD