Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Programa Deputación Provincial da Coruña PEL - Emprende Investimento 2019

Finalidade / Obxectivo

A finalidade destas axudas é contribuír á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables. As presentes bases teñen por obxecto regular as axudas para o ano 2019 da Liña 2.1: axudas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables dentro da liña PEL-EMPRENDE: Apoio á creación de empresas no ámbito local.

Tipos de apoio

Establécese un procedemento de concesión que ten a consideración de concorrencia competitiva.

Beneficiarios/as

3.1. Requisitos.

Os/as destinatarios/as destas axudas son pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas promotoras de iniciativas empresariais no ámbito provincial da Coruña, que teñan ánimo de lucro e que con anterioridade á data de publicación da convocatoria destas axudas, reúnan os seguintes requisitos:

3.1.1. Comúns a persoas físicas e xurídicas:

1. Ter o domicilio fiscal nalgún municipio da provincia da Coruña.

2. Ter actividade económica con ánimo de lucro.

3. Ter unha antigüidade máxima de 5 anos de exercicio continuado na actividade empresarial para a que solicita a axuda.

3.1.2. Específicos.

Persoas físicas:

1. Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, cunha antigüidade ininterrompida máxima de 5 anos anteriores á data de publicación da convocatoria destas axudas.

Persoas xurídicas:

1. A data de constitución da empresa, atendendo á data de primeira inscrición no Rexistro Público correspondente, debe ter unha antigüidade máxima de 5 anos, anteriores á data de publicación da convocatoria destas axudas.

 

SUBVENCIÓN, CONTÍAS E PERÍODOS SUBVENCIONABLES.

As entidades poderán presentar un orzamento mínimo de gasto de 2.500,00 € e un máximo de 25.000,00 € (excluído o IVE), do cal poderán solicitar, como máximo, o 80%.

O importe máximo da subvención a conceder é de 20.000,00 € (excluído o IVE).

Importe mínimo do orzamento de gastos 2.500,00 €

Importe máximo do orzamento de gastos 25.000,00 €

Importe máximo a solicitar 20.000,00 €

Importe máximo a conceder 20.000,00 €

Porcentaxe máxima a conceder (sobre o importe máximo do orzamento de gasto) 80%

Con carácter xeral, os investimentos deberán de ser realizados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes determinarase no anuncio de publicación da convocatoria do presente programa no BOP, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.

Tipoloxía dos gastos subvencionables e criterios para a baremación das solicitudes

Segundo o establecido nas bases quinta e novena

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/03/06/2019_0000001692.pdf

Normativa

Bases reguladoras das axudas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables. (liña 2.1: PEL EMPRENDE INVESTIMENTO 2019) (BOP A Coruña núm. 45 do mércores, 6 de marzo de 2019.)

Para máis información:

https://emprego.dacoruna.gal/<wbr></wbr>lineas


RGporn.com - Download Porno HD