Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo aproba os orzamentos de 2019 con 1,2 millóns para investimentos

A rehabilitación enerxética da Casa do Concello e a creación dun local social na antiga pista de baile de Sarandós, principais actuacións

O Concello de Abegondo aprobou onte de forma inicial os seus orzamentos para o ano 2019. Fíxoo no pleno extraordinario, coas contas e o Plan de Obras POS+ como únicos asuntos.

As principais liñas da proposta económica ascenden á cantidade de 4.564.900,12 euros, o que supón un aumento dun 6,3% con respecto ao exercicio de 2018. A importante cifra que se reserva para investimentos: 1.210.998,39 euros, é dicir, unha porcentaxe dun 26,52%. Dentro deste capítulo destaca a rehabilitación enerxética da Casa do Concello, cunha consignación de 195.500 euros, financiados nun 80% polo IDAE, tras a subvención lograda polo goberno local.

A actuación consistirá na substitución da cuberta e xanelas e para lograr un mellor illamento do inmoble e promover a eficiencia. Estímase un aforro de máis dun 40%.

Tamén no anexo de investimentos sobresae a creación dun local social na antiga pista de baile de Sarandós. É unha petición dos veciños da parroquia que este ano se reuniron co rexedor para definir os usos. Cunha superficie duns 400 metros cadrados, a obra terá 195.000 euros de investimento.

A área de asistencia social representa case o 11% do total do orzamento. Inclúese a atención á dependencia, o programa para as persoas con diversidade funcional, ou as actividades das persoas maiores.

Os orzamentos foron aprobados polos votos favorables do grupo de goberno e os votos en contra da oposición.

 

POS

Tamén se aprobou o Plan de Obras 2019, cos votos favorables do goberno local e as abstencións da oposición. Suma 609.890,30 euros, dos que 325.214,84 euros se dedican a obras.

Os proxectos aprobados consistirán na renovación de camiños municipais e incremento da seguridade viaria en parroquias como Cabanas, Abegondo, Sarandós, Folgoso, Montouto, Mabegondo, Cos, Viós e Cullergondo.

O Plan Complementario, de 92.891,36 euros, consta de actuacións na rede viaria en Cullergondo, Figueroa, Leiro, Folgoso e Mabegondo.


RGporn.com - Download Porno HD