Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

VI Gala do Fútbol Feminino Galego

Celebrarase no Centro Cultural O Salón, en San Tirso de Mabegondo, o sábado 29 de decembro, a partir das oito da tarde. A entrada é libre até completar o aforo de aproximadamente 300 persoas.

O Concello de Abegondo será a sede da VI Gala do Fútbol Feminino Galego, que cada ano organiza o medio especializado, Revista do Fútbol Feminino Galego.

O evento serve para recoñecer o traballo das xogadoras máis destacadas de todas as categorías, desde a Primeira División española ata a Segunda División Galega e a todos os estamentos, nomeadamente, xogadoras, técnicos e árbitras.

Na Gala daranse a coñecer os premios de mellor xogadora promesa (ata a categoría sub'19), mellor xogadora galega de Segunda División, mellor xogadora da Primeira División Galega, mellor técnico e mellor gol galego da temporada, polo que compiten Lore (Atlántida Matamá), Mari Paz (Valencia) e Marta Regades (Valladares). Entre os 28 galardóns, entregarase o trofeo de mellor equipo galego ao R.C. Deportivo, que o logra por segundo ano consecutivo, o de mellor colexiada, a Zulema González González, da delegación de Ourense, que acaba de converterse na primeira muller, colexiada na nosa comunidade, que logra a escarapela FIFA, ademais de ser a primeira que recibe o premio galego por segunda vez, ou o trofeo estrela da noite, o de mellor xogadora galega da temporada 2017/18, que irá a parar ás mans da valencianista Mari Paz, única galega que xogou a pasada Eurocopa defendendo as cores de España, e que iguala a Vero Boquete recibindo por segunda vez este galardón.

Aproveitando o contexto especial no que Abegondo vai ser durante un día a capital do fútbol feminino galego, o Concello vai facer unha homenaxe a varias veciñas que xa forman parte dos comezos da historia do fútbol feminino da nosa comunidade.

Abegondo recolle a testemuña de Cambados, sede da edición anterior correspondente á temporada 2016/17.


RGporn.com - Download Porno HD