Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Os Premios Aproema recoñecen ao Concello de Abegondo polo seu proxecto de innovación nas traídas de auga veciñais

O xurado, conformado por expertos na materia, distinguiu na categoría de entidades públicas á Autoridade Portuaria de Vigo e ao Concello de Abegondo

O desenvolvemento de accións ambientais innovadoras vinculadas á xestión hídrica volven distinguir ao Concello de Abegondo. Nesta ocasión o Concello foi recoñecido na cuarta edición dos Premios Aproema, da Asociación Profesional de Empresas Ambientais de Galicia, que premian a proxectos destacados en defensa dos valores ambientais da comunidade.

Na categoría de entidades públicas as galardoadas foron a Autoridade Portuaria de Vigo, co primeiro premio, e o Concello de Abegondo, co premio accésit. Mereceuno pola execución do seu proxecto LIFE Rural Supplies, que ideou sistemas para transformar traídas veciñais nas zonas que carecen de subministración municipal e lograr auga con todos os parámetros sanitarios.

A entrega dos premios realizouse en Vigo a noite do pasado xoves. Até alí desprazouse o concelleiro de Medio Ambiente, Gustavo Quindimil, e o coordinador do proxecto, Carlos Ameijenda, xunto con técnicos de Augas de Galicia e da Consellería de Sanidade, socios do Concello neste plan, cofinanciado pola Unión Europea.

O LIFE Rural Supplies permitiu realizar unha análise exhaustiva das traídas e pozos veciñais, que abastecen a un 30% da poboación de Abegondo, na zona sur, para detectar os seus problemas e focalizar as accións para mellorar a calidade da auga. Logo levaron a cabo actuacións en varias das traídas, de acordo cos seus propietarios, mellorando procesos e elementos como o depósito ou o tratamento.

A día de hoxe son os propios veciños os que adquiriron as destrezas necesarias para diariamente analizar os parámetros da auga e ir vixiando que toda a cadea que conforma a súa traída funciona correctamente.

O carácter reproducible desta idea no resto de Galicia e Europa foi un dos puntos destacados do plan. En Galicia son 600.000 as persoas que beben auga deste tipo de traídas veciñais. O Concello redactou un informe que entregou á Xunta e presentou ante moitos municipios de Galicia interesados en asumir a iniciativa.

O Xurado dos Premios Aproema estivo conformado por representantes da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, a Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA), a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), a Universidade de Santiago de Compostela e pola Asociación Profesional de Empresas Ambientais de Galicia (APROEMA). Tomou en conta, o impacto da acción -tanto a nivel ambiental, social e cultural como político-; a difusión e os seus resultados; e a súa innovación e transferibilidade, entre outros.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, recoñeceu que recibir un premio por este proxecto "é un gran orgullo" porque constata "o esforzo que levamos facendo desde hai anos en innovar coa auga". O rexedor lembra que anteriormente xa o Concello desenvolveu un proxecto LIFE sobre o saneamento na contorna do encoro, que mereceu en 2012 o premio Aproema, e que agora ten en marcha o terceiro sobre a auga das fontes no Camiño de Santiago.

"Non é un premio puntual, creo que é un recoñecemento a unha traxectoria que non se dá noutro punto de Galicia", sinalou Santiso, que distinguiu o "enorme traballo dedicado" do director do proxecto, como "clave".

A IV Edición dos premios contou a colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, ECOEMBES, a Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA), a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a Universidade de Santiago de Compostela.

 


RGporn.com - Download Porno HD