Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

O Concello aproba a ordenación provisional en pleno coa ida de que entre en vigor na primera metade do 2019

Abegondo disporá de instrumento de ordenación provisional para paliar durante un máximo de tres anos e medio a anulación do Plan Xeral. O Concello celebrouo xoves o pleno ordinario no que se someteu a debate este punto, sen que se rexistrase ningún voto en contra por parte de ningún grupo.

O alcalde, José Antonio Santiso, apuntou as liñas xerais do documento, cuxo obxectivo é garantir que se poida seguir producindo actividade urbanística no municipio. Aínda que, iso si, segue os preceptos marcados pola sentenza xudicial de anulación da PXOM, que atendeu o argumento principal da denuncia da Plataforma de Afectados baseada nun crecemento excesivo previsto.

Santiso expuxo que se incluíron todos os núcleos onde se produciu actividade urbanística nos últimos 40 anos. A redución do solo deste tipo era imprescindible polo estipulado na sentenza.

Redúcense de 141 núcleos identificados no PXOM a 85, mantendo o 74,56% da superficie cualificada como núcleo rural. Como solo urbano mantéñense as dúas únicas bolsas existentes, San Tirso e San Marcos, pero reducidas ao excluírse as parcelas mencionadas na sentenza. O número de novas vivendas pasa de 2.622 a 1.050. Destas, 939 sitúanse en núcleo rural e 111 en núcleo urbano.

Esta ordenación provisional é unha medida incluída na Lei 2/2017 de Medidas Fiscais, Administrativas e de Ordenación para concellos cuxo plan foi anulado por vía xudicial. Só se inclúen solos urbanos consolidados e solos de núcleo rural. O non consolidados e os urbanizables non se poden contemplar. E o rústico queda igual, como marca a lei de 2016.

Proceso a seguir e elaboración do novo PXOM

Agora, tras esta aprobación inicial realizarase a exposición ao público por 20 días e o Concello notificará o acordo á totalidade de propietarios de parcelas afectadas polo instrumento. Son máis de 9.300 os terreos incluídos que corresponden a máis de 5.000 propietarios. Finalmente, será o pleno o que aprobe de forma definitiva o instrumento.

Santiso apuntou a principios do próximo ano para efectuar a aprobación definitiva e que a ordenación provisional poida entrar en vigor. "Creo que máis rápido era imposible", expresou no pleno, dado que en pouco mais dun ano o Concello foi capaz de aprobar inicialmente as medidas provisionais, e de lograr o financiamento da Xunta e adxudicar a elaboración do novo PXOM. O equipo redactor xa traballa e de feito, indicou o rexedor, xa dispón do voo para a cartografía.

Desde que se aproben definitivamente as medidas en pleno terán unha vixencia máxima de tres anos e medio. O custo da redacción é de 166.133 euros, co financiamento por parte da Xunta de Galicia. 

Para elaborar esta proposta de ordenación provisional, o equipo redactor e os técnicos do Concello mantiveron un contacto continuado coa Xunta de Galicia de cara a que o texto se axustara a todo o que marca a administración autonómica.


RGporn.com - Download Porno HD