Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo leva a pleno a aprobación inicial do seu Instrumento de Ordenación Provisional tras obter o visto e prace da Xunta

Lógrase manter o 74% de superficie de núcleo rural con respecto á PXOM. Santiso apunta que coa medida se "impedirá unha parálise na construción"

Pouco máis dun ano despois de que se producise a sentenza de anulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal por mor da denuncia presentada pola Plataforma de Afectados, o Concello de Abegondo xa pode aprobar a norma urbanística provisional que evitar unha paralización na construción no municipio en tanto se redacta o novo plan. O Instrumento de Ordenación Provisional (IOP) que contempla a Lei 2/2017 de Medidas Fiscais, Administrativas e de Ordenación para concellos cuxo plan foi anulado por vía xudicial xa está listo para a súa aprobación no pleno.

O goberno local levarao á sesión ordinaria convocada para o xoves 22 de novembro. O trámite será o de aprobación inicial, unha vez que se obtivo o visto e prace da Xunta de Galicia e que se recibiron os informes sectoriais pertinentes.

Tal e como marca o referido texto legal, unha vez que o pleno aprobe inicialmente esta ordenación, abrirase un período de exposición ao público por 20 días e o Concello notificará o acordo á totalidade de propietarios de parcelas afectadas polo instrumento. Son máis de 9.300 os terreos incluídos que corresponden a máis de 5.000 propietarios. Finalmente, será o pleno o que aprobe de forma definitiva o instrumento.

A ordenación provisional responde os preceptos que contén a sentenza de anulación da PXOM. Só se inclúen chans urbanos consolidados e chans de núcleo rural. O non consolidados e os urbanizables non se poden contemplar. E o chan rústico queda igual, como marca a lei de 2016.

Redúcense de 141 núcleos identificados na PXOM a 85, eliminando aqueles onde non se rexistrou actividade urbanística nos últimos anos. En termos de superficie de terreo, mantense delimitada o 74,56% da cualificada como núcleo rural no Plan Xeral. Como chan urbano mantéñense as dúas únicas bolsas existentes, San Tirso e San Marcos, pero reducidas ao excluírse as parcelas mencionadas na sentenza.

Porcentualmente, na PXOM resérvase o 8,04% para núcleo rural. Nesta ordenación provisional, coa redución de núcleos, a porcentaxe sitúase nun 6%. No caso de chan urbano, pásase do 0,74% ao 0,40%.

O número de novas vivendas foi un dos principais argumentos empregados pola Plataforma na súa denuncia e iso trasládase agora a este plan provisional, pasando de 2.622 a 1.050 vivendas. Destas, 939 sitúanse en núcleo rural e 111 en núcleo urbano.

"Creo que respondemos da forma máis áxil posible á situación sobrevinda pola anulación do Plan Xeral", sinala o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso. O rexedor apunta que o desexo do Concello sería incluír todos os núcleos, pero reducilos nunha" obrigación pola denuncia interposta.

Santiso apunta que este instrumento impedirá unha parálise da construción. "Pasamos dun expediente urbanístico solicitado en 2012 a 58 en 2016, o que demostra a necesidade de que Abegondo conte con plan urbanístico e as posibilidades de futuro que temos", asevera, e por iso "traballamos duro para que este paréntese sexa o menor posible".

 

De acordo coa Xunta

Para elaborar esta proposta de ordenación provisional, o equipo redactor e os técnicos do Concello mantiveron un contacto continuado coa Xunta de Galicia de cara a que o texto se axustase a todo o que marca a administración autonómica. A Consellería de Medio Ambiente determinou o pasado xullo que non era necesario realizar unha avaliación ambiental estratéxica dado que non se producirían efectos significativos sobre o medio.

Dos informes recibidos, o Concello tivo que principalmente adaptar a ordenación ao novo trazado do Camiño de Santiago, como determinou Patrimonio. Do resto de informes tivéronse que incluír diversas cuestións na normativa, como é o caso das servidumes aeronáuticas do aeroporto de Alvedro ou as servidumes acústicas de estradas.

Desde que se aproben as medidas en pleno terán unha vixencia máxima de tres anos e medio. Mentres, o goberno local xa traballa na redacción do novo Plan Xeral, adxudicada en 166.133  euros, co financiamento por parte da Xunta de Galicia.


RGporn.com - Download Porno HD