Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Aberta a inscrición nas Xornadas Micolóxicas 2018

O Concello de Abegondo aproveita a chegada do outono para celebrar a exaltación dos cogomelos. O goberno local abre a inscrición para as xornadas micolóxicas, propias desta época do ano.

As xornadas celebraranse entre o 25 e o 27 de outubro. Os dous primeiros días terán lugar talleres na Casa do Concello, dirixidos por un experto en micoloxía que describirá os cogomelos. O obxectivo é introducir á poboación no mundo dos cogomelos. O horario previsto é de 18.00 a 20.15 horas.

Nas sesións os asistentes aprenderán a coñecer e distinguir as especies de cogomelos comestibles daquelas que non o son. Ademais, repasaranse os métodos para saber actuar no caso de intoxicación por especies non comestibles.

A parte teórica das xornadas levarase a práctica o sábado 27, cunha saída de campo. Os asistentes, provistos de cesta e navalla, recollerán exemplares que posteriormente degustarán de primeiro plato antes dun cocido, como colofón ao evento.

Para apuntarse hai que avisar por teléfono (686 35 28 66) ata o 23 de outubro á técnica de medio ambiente do Concello. O prezo é de 25 euros. Existe a posibilidade de acudir só o sábado, por 23 euros, ou unicamente ás charlas teóricas, por 20 euros. Os menores de 10 anos non pagan, pero é necesario apuntalos.