Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo completa as obras de remodelación do centro cultural O Salón

A actuación eliminou as filtracións de augas detectadas

O Concello de Abegondo acaba de completar as obras de reforma e acondicionamento do centro cultural O Salón. Trátase do principal punto de actividade cultural do municipio e por iso o goberno local decidiu acometer un proxecto para mellorar as súas prestacións.

 

A finalidade principal da actuación consistiu na eliminación das filtracións de auga detectadas, que se producían especialmente na zona das escaleiras. Os traballos incluíron a renovación por tanto da escaleira, co levantamento da balaustrada e a demolición dos banzos existentes para crear unha nova infraestrutura.

 

Na cuberta substituíronse os elementos actuais de evacuación de pluviais. Colocouse nova teza cerámica na cuberta exterior e unha cuberta de zinc no soportal inferior.

 

Finalmente cambiáronse algunhas das xanelas con carpintaría de madeira, onde se acharon filtracións de augas. No seu lugar instaláronse unhas novas de aluminio. 

 

O orzamento das obras ascendeu a 53.097,82 euros.

 

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, explica que desde que abriu O Salón está a acoller actos de todo tipo e concentra boa parte da axenda de eventos municipais, con gran número de asistentes. Con este proxecto, destaca, "quixemos seguir mellorándoo para potenciar o seu uso".