Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

A Xunta concede 288.000 euros para un obradoiro de emprego dos Concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Paderne e Oza-Cesuras

Contará coas modalidades de fruticultura e xardinaría, con 20 beneficiarios. Incluirá actuacións de mellora e acondicionamento de zonas verdes dos municipios.

 

 

O Concello de Abegondo coordinará un novo obradoiro de emprego no que participarán ademais os municipios de Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras e Paderne, repetindo a unión que propiciou xa unha iniciativa similar o pasado ano. A Xunta de Galicia confirmou hoxe o financiamento do obradoiro, cun orzamento total de 288.807 euros.

A actuación beneficiará a 20 alumnos traballadores, persoas en situación de desemprego dos 7 concellos. Veñen derivados das oficinas de emprego e gozarán do obradoiro por un período de 9 meses (de setembro a xuño).

O taller consta de dúas modalidades, con 10 alumnos cada unha: fruticultura e actuacións auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría. Haberá formación tanto teórica como práctica co obxectivo de capacitar os participantes neste ámbito profesional.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, apunta que nas áreas seleccionadas vólvese a primar "as oportunidades de emprego que proporciona o territorio coa Reserva de Biosfera". O taller leva por denominación "Reserva de Biosfera: emprego no rural".

Froito do obradoiro realizaranse diversas actuacións de interese veciñal nos municipios. Consistirán na mellora e acondicionamento de espazos públicos, a adecuación de invernadoiros, o mantemento de froiteiros, ou a creación de xardíns, entre outras.

Santiso destaca que a colaboración entre concellos, con independencia da súa cor, é "un exemplo" á hora de articular políticas para o ben xeral da cidadanía.