Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo daralle a benvida a setembro cun taller sobre enxertos en árbores froiteiras e con outro sobre conservas de hortalizas e froitas

Os interesados en participar deberán chamar ap teléfono 686 352 866 para formalizar a súa inscrición. As prazas son limitadas e no taller de conservas xa se esgotaron

 

A Aula da Natureza de Abegondo ten xa todo preparado para os próximos talleres, que levarán a cabo no mes de setembro: sobre enxertos en árbores froiteiras e sobre conservas de hortalizas e froitas.  

Abegondo ofrece así dúas novas accións formativas despois de dar por finalizada unha primeira edición do taller de enxertos en árbores froiteiras. Este curso foi un auténtico éxito tanto en cifras de participación como en satisfacción por parte dos asistentes. A maioría dos participantes deste primeiro taller procedían dos municipios da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, aínda que tamén houbo alumnos procedentes, por exemplo, de Valdoviño.  

O Concello de Abegondo decidiu ofertar un segundo curso no que haberá unha parte teórica e outra práctica. Na primeira, abordaranse a xustificación e tipoloxía dos enxertos, mentres que na segunda levarán a cabo.  

O taller, que se celebrará entre os días 3 e 6 de setembro en horario de 19:30 a 21:45 horas, ten 25 prazas dispoñibles. O custo é de 25 euros por participante.  

Clases para preparar conservas máis elaboradas

Tamén en setembro, a aula da Natureza acollerá a celebración dun taller sobre conservas de hortalizas e froita, que xa esgotou o número de prazas ofertadas. Levarase a cabo entre o 3 e o 6 de setembro, en horario de 16:30 a 19:00 horas, salvo o día 5, que terminará ao redor das 19:30 horas. O custo por participante é de 35 euros.  

Dentro da programación, os usuarios aprenderán a realizar conservas máis elaboradas e con seguridade. Así, unha vez que finalicen as sesións, os alumnos saberán preparar patés, marmeladas de froita sen azucre, chutney de pementos de Padrón, hortalizas marinadas, encurtidos, etc.  

Os interesados en tomar parte no taller de enxertos poden apuntarse chamando ao teléfono 686 352 866. No taller de conservas as prazas xa se esgotaron.