Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo arrinca as actuacións para mellorar o CEIP San Marcos

Os obreiros iniciaron esta semana os traballos no comedor escolar, onde xa se levantou o chan anterior para colocar un novo firme de plaquetas. O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, agradeceulle á Consellería de Educación "a súa dilixencia e rapidez" á hora de empezar este proxecto

 

As actuacións para mellorar o CEIP San Marcos marchan a bo ritmo. Coa vista posta no inicio do próximo curso escolar, os traballos arrincaron o pasado martes, tan só unha semana despois do encontro que o alcalde, José Antonio Santiso Miramontes, mantivo co xefe territorial, Indalecio Cabana.

Durante a reunión, a principal necesidade trasladada centrouse no comedor. Neste espazo o chan foise deteriorando co paso do tempo, con algunhas baldosas levantadas, o que supuña un risco para os case 400 alumnos que estudan no centro. Actualmente, os obreiros están a traballar nesta estancia, onde xa levantaron o chan e para colocar, nos próximos días, un novo firme de plaquetas. A previsión é que estes labores se terminen en, aproximadamente, unha semana e media.

A Consellería asumirá, non só a intervención no comedor, senón tamén o arranxo das ventás do colexio. Pola súa banda, o Concello asumirá o pintado de toda a fachada exterior, tanto no edificio de infantil como no de primaria.

Santiso agradeceu "a máxima dilixencia e rapidez" do xefe territorial, que non só atendeu as súas peticións, senón que tamén as respondeu en tempo récord. "Foron moi rápidos e déronlle a máxima prioridade a estas intervencións", destacou o rexedor.