Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo moderniza o parque infantil de San Marcos con novos xogos e unha reorganización do espazo

Sepárase o espazo infantil do parque biosaudable e instálase chan de caucho

 

O Concello de Abegondo está acometendo un importante proxecto de mellora dun dos principais espazos de lecer infantil do municipio: o parque do campo da feira, en San Marcos. O goberno local decidiu encargar un proxecto para modernizar o parque e reorganizar os xogos, de cara a incrementar as súas prestacións aos usuarios.

A actuación ten dúas partes diferenciadas. Por unha banda, creouse un novo parque infantil con novos xogos, como tirolina, redes dobres e unha randeeira tipo malla. Conta con peche perimetral e mobiliario urbano.

En segundo lugar, o Concello está a actuar no parque superior adxacente, onde se combinaban xogos infantís con apartados para a ximnasia biosaudable. O proxecto consiste na reorganización do espazo para diferenciar as zonas e aumentar as comodidades para os usuarios.

Tamén se prevé a instalación de chan de caucho no espazo infantil, de cara a garantir a protección infantil.

A actuación complétase co lavado dos elementos de pedra, como os bancos ou grellas, e a substitución das papeleiras en mal estado.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, sinala que coa obra “lograremos unha zona infantil máis ampla e moderna, con novas prestacións”. O primeiro edil considera que se trata unha contorna “idónea” para as familias ao contar, ademais de cos xogos infantís e os aparellos de ximnasia, coa cuberta do campo da festa, o polideportivo, piscina, colexio ou a aula lúdica.

O Concello está a ultimar os traballos, que contaron co cofinanciamento da Deputación da Coruña.