Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo formalizou o contrato do equipo redactor do novo Plan Xeral

Dispón dun máximo de 4 anos para completar os traballos, que deberán guiarse pola redución do número de novas vivendas en que se baseou a denuncia que anulou o anterior Plan

 

O Concello de Abegondo xa dispón de contrato formalizado para a redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. O alcalde, José Antonio Santiso, asinou o contrato cos representantes da empresa adxudicataria, a Unión Temporal de Empresas (UTE) conformada por Avansil S.L.L., Núcleo Galicia S.L.L., e Alfonso Botana S.L., nun acto que tivo lugar no salón de plenos.

Desde este momento, o equipo redactor conta cun prazo máximo de 4 anos para lograr a aprobación definitiva do plan. Coincidirá así co período máximo de vixencia da ordenación provisional, instrumento que o goberno local someterá en breve a aprobación inicial e cara a final de ano a definitiva, e que ofrecerá un marco urbanístico para evitar a parálise por mor da anulación da anterior PXOM pola denuncia da Plataforma de Afectados.

A adxudicación suporá un montante de 166.133 euros, financiado nun 100% pola Xunta de Galicia. Ademais da redacción do plan, a UTE encargarase dos traballos de actualización da cartografía.

No acto, o alcalde instou ao equipo redactor a implicar os veciños das distintas parroquias para a confección do plan. “O que sexa posible articular, que sexa para todos, e o que non sexa posible, para ningún”, subliñou Santiso.

Nese traballo do equipo redactor deberá terse en conta o estipulado na sentenza. Neste sentido, dado que a denuncia da Plataforma baseouse nun elevado número de novas vivendas previstas, este será un dos factores que a PXOM deberá cumprir.

“Non será fácil”, apunta o alcalde, por estas trabas impostas, co risco ademais de que se encareza o solo. No entanto, o rexedor está plenamente convencido de que “nos sobreporemos a base de traballo e Abegondo terá garantías de avance e futuro”.

Só un ano despois de coñecer a sentenza, o goberno local xa consegue ter formalizado o contrato para elaborar a novo PXOM, tras a tramitación da licitación e tras obter o financiamento da Xunta. Ademais, redactou a ordenación provisional, que rexerá mentres non se aprobe o novo Plan para evitar a paralización da actividade urbanística en Abegondo. Os técnicos adaptan o texto ao determinado por Medio Ambiente de cara a levalo a pleno en breve.

Esta ordenación provisional será levada a pleno. Tras obter hai uns días a luz verde da Consellería de Medio Ambiente, agora os técnicos acometen as adaptacións requiridas de cara a sometela á aprobación inicial no pleno da corporación.