Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Roi Calviño consegue a Wild Card para o CSIO5* de Gijón

Logo do Grande Premio do último concurso da Ruta Costa Astur, o CSN3* de Gijón, Roi Calviño fíxose coa Wild Card para tomar parte no CSIO5* de Gijón

Roi Calviño será un dos participantes no CSIO5* de Gijón, xa que o xinete galego gañou a Wild Card da Ruta Costa Astur, que finalizou no CSN3* do Clube Hípico Astur de Gijón. O xinete galego gañara os dous grandes premios de Luanco, chegando ao último concurso á fronte da clasificación. No Grande Premio do CSN3* do Clube Hípico Astur de Xixón, Roi e o seu KWPN terminaron con oito puntos, os dúas primeiras derribas que cometen nas últimas oito probas que disputaron. Resultado que non impediu gañar a Wild Card, aínda que a emoción estivo presente ata os últimos instantes da probas, xa que Iván Serrano mantivo as posibilidades de gañala ata o final. O xinete vasco pasou ao desempate con "Rain Man", co que necesitaba estar entre os tres primeiros clasificados. Iván sumou unha falta co fillo de "Chacco-Blue" á entrada do dobre que lle levou ao sexto posto.

A Ruta Costa Astur disputouse ao longo de catro concursos, todos de categorías de tres estrelas: Gijón, os dous de Luanco e o do Clube Hípico Astur. As probas puntuables para a Wild Card foron o Grande Premio de cada concurso, na que os dez primeiros binomios recibiron puntos segundo a súa clasificación. Tralos catro concursos, o mellor conxunto foi o formado por Roi Calviño e "Enjoy CR".

[fonte: http://www.ecuestre.es]