Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo abre o prazo de inscrición para o seu Día da Familia, que será o domingo 8 de xullo en Beche

Haberá kaiaks, verbena, tute, talleres, espazo para a xuventude, a función do Mago Antón e comida en familia. A reserva de mesa pódese realizar ata o día 2 chamando ao Concello

 

 

Os veciños de Abegondo xa poden apuntarse para unha nova edición do Día da Familia que organiza o Concello e que reúne cada ano a 2.000 persoas. Será o domingo 8 de xullo no parque fluvial de Beche e trátase dunha xornada festiva pensada para reunir os veciños de todas as idades cun programa repleto de actividades.

A xornada pretende ser unha homenaxe á familia con animación, actividades lúdicas e acuáticas, e música. Haberá tamén un Espazo Xove destinado para aqueles mozos a partir dos 12 anos para os que está previsto animación e actividades especiais. Este ano participarán ademais no sorteo dun iPhone.

Tras a comida, ás 15.30 horas, comezarán a funcionar os kaiaks, o torneo de tute, os inchables, os talleres de maquillaxe e chapas, os xogos populares, ou os paseos con carro de cabalos. Tamén haberá festa da espuma.

Unha das novidades desta edición será o espectáculo de maxia a cargo do Mago Antón, que levará a Becha o seu “A volta a Galicia en 313 concellos”. Co seu camión como escenario, cun aforamento para 70 persoas, realizará varios pases a partir das 15.30 horas.

Logo, ás 17.00 horas, será a verbena en familia, con Paco Lodeiro, Carlos Manteiga e Xilo. No descanso da verbena sortearase unha estancia en familia entre as familias abegondesas.

As familias poderán levar a comida da casa ou adquirila nos postos habilitados. Haberá pulpeira e a Asociación de Veciños Os Cruceiros ofrecerá churrasco e chuletón, este por encargo. Ademais, estará instalado un bochinche e un posto de panadaría.

A reserva de mesa poderase efectuar ata o día 2 de xullo incluído no Concello. Pódese chamar por teléfono ao 981 647 996.