Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo, Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras e Paderne concluíron o seu obradoiro de emprego sobre a biosfera cunha alumna xa contratada

• O conselleiro de Economía e Emprego enxalzou a “colaboración horizontal” entre os concellos. Os sete alcaldes volveranse a unir para unha nova acción na próxima convocatoria

O obradoiro de emprego realizado polos municipios de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras e Paderne, co financiamento da Xunta de Galicia, concluíu cunha estupenda noticia. Xa unha das alumnas logrou a inserción laboral no ámbito rural que promovía a acción

De feito a participante, de Bergondo, xa non puido acudir hoxe a clausura, que tivo lugar na Casa do Concello de Abegondo, porque tiña que acudir ao seu posto de traballo. “Imos a desculpar a súa ausencia”, bromeou o alcalde, José Antonio Santiso, moi contento “polos froitos que estamos a recoller ao traballar xuntos aproveitando o potencial da Reserva”.

E é que o obradoiro desenvolvido levou por título “Reserva de Biosfera: Emprego sostible”. Versou sobre dúas áreas principais: a fruticultura e a produción de sementes e plantas en viveiros. Os participantes recibiron os certificados de profesionalidade polo seu traballo e formación, que comezou o pasado setembro.

A clausura estivo presidida polo conselleiro de Economía e Emprego, Francisco Conde, que estivo acompañado polo delegado provincial, Ovidio Rodeiro, e o director xeral de Orientación Laboral, José Alfonso Marnotes. En representación dos municipios asistiron os alcaldes de Abegondo, José Antonio Santiso; Betanzos, Ramón García; Carral, José Luis Fernández Mouriño; Coirós, Francisco Quintela; Paderne, César Longo; Oza-Cesuras, Pablo González Cacheiro; e a concelleira de Educación de Bergondo, Patricia Vázquez.

O conselleiro encomiou a colaboración entre os concellos como clave para ofrecer programas sólidos de inserción laboral. “Ademais da cooperación vertical entre a Xunta e os Concellos, é moi necesaria a coordinación horizontal entre os municipios”, felicitou.

Santiso avanzou que o sete municipios volverán unirse para tentar lograr outro obradoiro de emprego na próxima convocatoria. “Somos de diferentes cores políticas pero únenos o interese común por apoiar a inserción laboral dos nosos veciños”, apuntou. O alcalde abegondés mostrouse convencido das oportunidades que existen vinculadas ao territorio, como se demostrou cos emprendedores que xa lograron a primeira marca de calidade dunha Reserva de Biosfera en España.

O obradoiro buscou facilitar a inserción laboral dos 20 alumnos-traballadores participantes a través do emprendemento, a mellora da cualificación profesional e a adquisición de experiencia.

Durante a súa vixencia, na parte práctica, acometéronse 17 actuacións de mellora en espazos públicos do sete municipios. Por exemplo, realizáronse plantacións de árbores froiteiras, creáronse fincas demostrativas, ou instaláronse invernadoiros.

Ademais, de forma transversal, os alumnos tiveron formación complementaria en temas como a prevención de riscos laborais, alfabetización informática ou sensibilización ambiental, entre outros.

A Xunta financiou a iniciativa cun investimento de 279.959 euros.