Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

A XXII Feira de Cans de Caza de Abegondo congregou a preto de mil cans en San Marcos

Nesta edición, Álvaro Edreira e o seu can Duque conseguiron o galardón especial de Mellor Can da Feira. En paralelo, o polideportivo acolleu o Encontro de Palilleiras, no que participaron unhas 250 artesás de diferentes puntos de Galicia

 

Esta mañá, decenas de personas achegáronse a Abegondo. Algúns, atraídos pola XXII Feira de Cans de Caza que se celebrou no campo da feira de San Marcos e no que puideron ver uns 1000 exemplares de múltiples razas, e outros polo Encontro de Palilleiras organizado pola Asociación de Veciños de Santa Eulalia de Abegondo.

Os asistentes puideron desfrutar, ademais, da degustación de pinchos de empanada nos locais de hostalería da contorna da feira.

Feira de Cans de Caza

Nesta ocasión, houbo trofeos para os cans clasificados nas categorías de Caza Maior, Caza Menor, Pluma, Mellor Xauría, Mellor Camada de Cachorros e Mellor Can da Feira. Nesta última, o ocense Álvaro Edreira e o seu can azul gascuña, Duque, alzáronse co ouro.

En Caza Maior, o trofeo acabou nas mans de Josecho, que conquistou o xurado co seu leonardo de bretaña. O primeiro clasificado na categoría de Caza Menor foi Alberto Regueiro co seu can Brétema.

En Pluma, o galardón levouno o lucense Roberto González, que venceu xunto ao seu setter inglés, Frai do Coto da Néboa. Doutra banda, a Mellor Camada de Cachorros foi a de José Catoira, que alcanzou o primeiro posto coas súas crías de raza azul de gascuña.

A sorte sorriu tamén ao abegondés Luis Mantiñán Pan, que cos seus cans de raza azul de gascuña quedou como primeiro clasificado na categoría de Mellor Xauría.

O concelleiro de Feiras e Xuventude, Marcos Zapata, a concelleira de Participación Veciñal, Desenvolvemento Ecoagrario, Francisca Bestilleiro, o concelleiro de Transparencia, Infraestruturas e Urbanismo, Alberto Seoane, o presidente da Asociación de Caza de Abegondo, José Prieto, e o vicepresidente da entidade, Francisco Castelo, foron os encargados de entregar os premios aos gañadores desta edición. 

Encontro de palilleiras

En paralelo, o polideportivo de San Marcos acolleu o Encontro de Palilleiras coa participación dunhas 250 de palilleras de toda Galicia. Así, acudiron de lugares como Coirós, Betanzos, Camariñas, Cambados, Padrón, Valga e por suposto, de Abegondo. 


RGporn.com - Download Porno HD