Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo prepara un Plan Especial para propiciar a construción do novo centro de saúde

Afectaralle só á finca comprada polo Concello en San Marcos

 

 

O Concello de Abegondo celebrou no mediodía de hoxe a sesión ordinaria do pleno da corporación. A maioría dos asuntos correspondían a diferentes tramitacións e foron aprobados.

Así, aprobouse cos votos a favor do equipo de goberno e a abstención da oposición unha transferencia de crédito para reducir 12.000 euros dunha partida, correspondente a un investimento no polideportivo que finalmente realizará a concesionaria das actividades, e dedicalos ao proxecto de dotación de saneamento para Crendes e Orto.

Mesmo resultado na votación obtivo o recoñecemento de crédito, por 11.101,64 euros, para o pago de facturas de electricidade, telefonía e subministración de pellets correspondentes ao ano pasado, pero que os provedores presentaron este ano.

Na sesión tamén se aprobou unha corrección de erros no imposto de circulación, por unanimidade. E ratificouse o decreto de alcaldía para corrixir varios erros en proxectos do POS, cos votos favorables do goberno local e as abstencións da oposición.

No apartado de rogos e preguntas, a instancia de SON, abordouse o futuro do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal e do novo centro de saúde, que se prevía no anterior documento. O alcalde, José Antonio Santiso, explicou que a redacción do novo PXOM vaise adxudicar á única empresa que se presentou, unha UTE que conta con expertos no sector que asumen os traballos similares nuns 20 municipios.

O rexedor asegurou que a sentenza de anulación do anterior por mor da denuncia da plataforma e a Lei do solo serán o que marque o contido do plan. Santiso ten claro que serán os técnicos quen o redacten baixo estas premisas e quen llelo expliquen aos veciños en todo momento.

En canto ao centro de saúde, o Concello tentou incluír o plan de desenvolvemento para o centro de San Marcos, que ademais da dependencia sanitaria incluía unha nova praza, vivendas familiares e comercios, no plan provisional, pero a Xunta non o aceptou. Así, o alcalde avanzou que se prepara un Plan Especial en rústico que se limitará á parcela municipal para non prexudicar os outros propietarios, que se non verían todos os seus terreos de carácter público.

Isto permitirá a construción do centro de saúde, unha demanda do Concello e veciños dado que o actual queda pequeno e obsoleto. No plan especial preverase a creación dos accesos para a urbanización do centro de San Marcos.