Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Medio millar de veciños celebran o patrón de Abegondo na XXVII Festa do Maior

 

Engalanados para a ocasión e cun sorriso permanente chegaron pouco a pouco os preto de 500 veciños de Abegondo que hoxe participan na Festa do Maior. É un tradicional festexo, que alcanza a súa edición XXVII, e que serve para conmemorar o patrón do municipio, San Marcos.

O Concello de Abegondo organizou a Festa do Maior nas instalacións d complexo hostaleiro de El Pantano, en Orto. Tras a misa solemne tivo lugar a intervención de benvida do alcalde, José Antonio Santiso, e da concelleira de Benestar, Laura Calvo.

O rexedor enxalzou o “espírito e vitalidade” dos maiores de Abegondo, que se confirma ao longo do ano coa súa implicación nas actividades municipais. Ademais, pediu desculpas polos fallos que poidan percibir no Concello e desexoulles saúde a todos os asistentes.

Tras a comida, chegaron as actuacións, primeiro co humorista Pedro Brandariz e despois coa banda municipal. O final de festa correu a cargo de Carlos Manteiga, que lles fixo mover o esqueleto aos participantes.