Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

José Antonio Santiso foi reelixido hoxe presidente dos Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia

A agrupación apunta á xeración de emprego no rural como principal obxectivo para o mandato

 

Os Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia (GDR) realizaron hoxe en Vedra a súa asemblea xeral co punto principal de elixir a súa xunta directiva para o novo mandato que agora comenza. José Antonio Santiso, presidente das Mariñas – Betanzos e alcalde de Abegondo, foi elixido presidente.

Na Vicepresidencia estará o alcalde da Peroxa, Manuel Seoane, como presidente do GDR Comarca de Ourense. A Tesourería asúmea o GDR Tambre – Mandeo e a Secretaría, o GDR Ribeira Sacra.

Santiso continúa así á fronte da agrupación. Na asemblea mostrouse “moi agradecido” pola confianza depositada polos membros dos distintos grupos. Asegurou que o desenvolvemento rural “é un proxecto moi ilusionante”. “Creo firmemente nas posibilidades de crecemento e creación de emprego que ten o noso territorio e á vista están os resultados que se están conseguindo”, afirmou.

Para este novo mandato, a asociación centrará os seus obxectivos na xeración de actividades económicas no rural, a dinamización do sector e o fomento da innovación. Así mesmo, empezarase a deseñar o plan de desenvolvemento 2021 – 2027, que seguirá a actual, 2014 – 2020.

Galicia está dividida nun total de 24 Grupos de Desenvolvemento Rural. A súa misión é levar a cabo políticas que favorezan o avance no rural galego. Son ademais as entidades xestoras dos fondos europeos FEDER incluídos no Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia, cos que subvenciona o emprendemento e actividade empresarial de todas as comarcas.