Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo ofrecerá bonificacións de ata un 95% no IBI, ICIO e IAE para novas empresas que xeren emprego no municipio

O goberno local levará a pleno as propostas de cambios en as ordenanzas o próximo xoves. Tamén se introducirán descontos no imposto de circulación para os vehículos non contaminantes

 

 

O Concello de Abegondo realizará importantes modificacións nos seus impostos para favorecer o impulso das actividades empresariais no seu territorio. Trátase de aprobar bonificacións para as empresas de nova creación ou que amplíen as súas instalacións, xerando novos postos de emprego, desenvolvendo actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal.

O goberno local levará as propostas de cambios nas ordenanzas ao pleno ordinario, que terá lugar o vindeiro xoves 15 de marzo. Serán bonificacións, que poden chegar a unha porcentaxe dun 95%, en catro impostos: o imposto sobre actividades económicas (IAE), o imposto sobre bens inmobles (IBI), o imposto de construcións, instalacións e obras (ICIO), e a taxa por prestación de servizos urbanísticos.

No tres primeiros, é dicir, IAE, IBI e ICIO, o Concello introducirá bonificacións de: un 95%, se a actividade xera máis de 20 postos de emprego; un 75%, se xera entre 11 e 20 postos; e dun 50%, se se crean 10 ou menos postos de traballo.

No caso do IBI, a bonificación diríxese aos inmobles urbanos onde se desenvolve a actividade. E no ICIO, rebáixanse aquelas construcións, instalacións ou obras destinadas a esa actividade.

En canto á taxa por servizos urbanísticos, non será de aplicación para este tipo de empresas que xeran emprego. Deben ter un CNAE correspondente a algunha actividade da industria 4.0 ou con Estratexia de Investigación e Innovación propia para a Especialización Intelixente (RIS3).

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, explica que o espírito da proposta é “achegar o noso gran de area para facilitar a actividade económica e a inserción laboral correspondente”. O rexedor considera “xusto” facer este esforzo se se pode impulsar a contratación no municipio.

O Concello súmase así ao programa Concellos Doing Business Galicia, que propuxo a Xunta para incentivar a actividade empresarial e industrial.

Imposto de circulación

Outro dos cambios en ordenanzas que elevará o alcalde ao pleno do xoves será a introdución de bonificacións no imposto de circulación de face a promover a utilización de vehículos non contaminantes.

Para vehículos eléctricos ou de emisións nulas, haberá unha bonificación dun 50% na cota, con carácter indefinido. Para vehículos híbridos, establecerase unha redución dun 25% durante seis anos naturais desde a súa primeira matriculación.

Pola súa banda, os vehículos novos clasificados como turismos de motor gasolina ou diésel con emisións de dióxido de carbono que non superen os 120 gr/Km, terán unha bonificación dun 25% durante catro anos. E finalmente os vehículos que usen biogás, gas natural comprimido, metano, metanol, hidróxeno, ou GLP terá tamén un 25% de rebaixa.

Ademais tamén se adapta a ordenanza á lexislación de promoción da autonomía persoal e atención á dependencia.


RGporn.com - Download Porno HD