Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo celebrará todas as súas feiras tradicionais no centro de San Marcos para favorecer o comercio e hostalaría local

Desde o domingo 11.02.2018, logo de comprobar que o cambio funciona

Abegondo, 8 de marzo de 2018. O Concello de Abegondo fixa de forma definitiva o centro de San Marcos como lugar para celebración das feiras tradicionais dos segundos domingos de cada mes. Os eventos organizados nos últimos meses funcionaron ben e, con obxecto de favorecer a actividade do comercio e a hostalaría local, as feiras tradicionais quedarán nas rúas Peneda e Agra, na contorna da Casa do Concello.

Dentro do plan de dinamización das feiras, que reúnen por centos de persoas no municipio, o Concello de Abegondo celebrou nas últimas datas o Mercado de Outono, de Nadal, de Aninovo e de Entroido. A maiores dos postos houbo actividades infantís e unha degustación de produtos locais na zona.

Comprobado que o novo emprazamento axuda á asistencia, xa desde este domingo 11 de marzo, que é unha feira tradicional sen eventos a maiores, terá lugar no centro da localidade. Iso si, haberá postos de polbo e churrasco e os comercios e bares da zona abrirán.

A partir do mes de abril, o Concello retoma a organización de feiras monográficas con actividades paralelas. O domingo, 8 de abril terá lugar a XIX edición da Feira do Queixo e o segundo domingo de mes de xuño desenvolverase unha nova edición da Feira de Cans de Caza e da Xuntanza de Palilleiras.

Para facilitar o desenvolvemento dalgúns eventos, como é o caso destes últimos, utilizaranse as instalacións e espazos dispoñibles no campo dá feira de San Marcos; non obstante os vendedores ambulantes e artesáns seguirán instalando os seus postos na contorna da Casa do Concello.

Desta forma, explica o alcalde, José Antonio Santiso, "quérese contribuír a dinamizar o comercio e a hostalaría local". Son eventos, apunta, que traen centos de persoas a Abegondo e é por iso quérese aproveitar o seu tirón.