Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo logrou unha participación de 500 persoas na súa segunda edición do pincho choqueiro

O Concello entregoulles hoxe os premios aos gañadores do sorteo efectuado

 

O Concello de Abegondo concluíu a súa segunda edición da Ruta do Pincho Choqueiro co sorteo e entrega dos agasallos entre os participantes. A iniciativa logrou a venda de 500 pinchos entre os seis establecementos hostaleiros que se sumaron. Sorteouse unha viaxe de fin de semana entre os participantes e outro entre os hostaleiros. E tamén se sortearon lotes de produtos de Entroido en cada establecemento. Hoxe, o alcalde, José Antonio Santiso, entregou os galardóns.

O gañador do premio principal, unha estancia de fin de semana para dúas persoas, foi José Antonio Santiso Ferreiro, natural de Cambre, que tamén levou un lote de produtos de Entroido. Os lotes restantes foron para Antonio Fiaño Blanco, de Vizoño, Mercedes Piñol Casás, de Crendes, María Dans Edreira, de Crendes, Elena Carro Mengual, de Mabegondo, e Luis Mantiñán Pan, de Abegondo.

A iniciativa buscou a promoción dos bares e restaurantes da zona aproveitando o Entroido, incluíndo o Entroido Pequeno. Elaboráronse tapas con produtos da época, como tortilla de lacón con grelos, croqueta de cocido con cama de grelos, ou sopa de cocido.

Os establecementos participantes foron Casa Bardancas (Orto), F40 Gin Café (Mabegondo), Cafetaría Gala (Abegondo), Momentos (Abegondo), Mesón San Marcos (Abegondo), e Mesón Xente non Camiño (Presedo). O F40 levou o premio entre os hostaleiros.

Fotos:

O alcalde co José Antonio Santiso, gañador do premio principal Entrega no F40 a Mercedes Piñol (recolleu o premio o seu fillo José María Reborido)J Entrega no Mesón San Marcos a Luis Mantiñán