Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

A Reserva de Biosfera presenta o seu programa de Ciencia Cidadá para observar os efectos do cambio climático

Hoxe foi a quenda para algúns centros educativos de Oleiros, Sada e A Coruña. As charlas están impartidas por técnicos do Organismo Autónomo de Parques Nacionais do Ministerio e da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas

 

Técnicos da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e do Organismo Autónomo de Parques Nacionais do Ministerio presentaron o seu programa de Ciencia Cidadá que ten como obxectivo fomentar a observación dos efectos do cambio climático na flora e a fauna da contorna.

Hoxe a presentación realizouse no IES María Casares (Oleiros), no CEIP Sada e Contornos (Sada) e na Universidade Laboral (A Coruña). No acto deuse a coñecer a unha plataforma web para que a cidadanía e a comunidade educativa introduzan datos fenolóxicos de diversas especies, e que se poida ver a medio ou longo prazo os efectos do cambio climático na Rede Española de Reservas de Biosfera.

Onte tivo lugar o acto oficial de presentación, que se realizou paralelamente no Castelo de Santa Cruz, aberta a todos os públicos, no IES de Viós (Abegondo), no IES David Buján (Cambre), e no CEIDA de Mabegondo.