Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Os veciños de Abegondo poderán chegar desde luns en bus metropolitano ao centro da Coruña

Haberá oito expedicións por semana, e catro os sábados e os domingos

 

 

A mobilidade dos veciños de Abegondo verase mellorada notablemente desde este luns, 26 de febreiro. Entón porase en marcha a segunda fase do plan de entrada dos buses metropolitanos á cidade da Coruña, demandado polo Concello de Abegondo para favorecer a conexión desde o municipio coa cidade.

Póñense en marcha un total de 15 expedicións que levarán a veciños de distintas parroquias de Abegondo ata o centro da Coruña. De luns a venres haberá oito expedicións, os sábados haberá catro e os domingos outro catro.

O cadro de horarios cobre diferentes franxas. Así haberá conexións desde antes das 7.00 da mañá desde Abegondo para ir á cidade. As viaxes vanse sucedendo aos poucos ao longo do día, con frecuencias cada dúas ou tres horas aproximadamente. Desde A Coruña sucede algo similar. A primeira viaxe partirá da cidade ás 7.25 horas e a última ás 21.05 horas.

O destino na cidade será a parada de Entrexardíns. Isto responde á petición elevada desde o Concello de Abegondo, que presentou unha alegación ao plan para que os buses chegasen ata o centro e non quedasen en Catro Camiños como inicialmente se prevía.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, considera que a chegada dos buses á cidade “suporá unha notable mellora na mobilidade dos veciños”. O rexedor explica que é unha noticia moi desexada en Abegondo e confía en que tamén se mellore aos poucos a información ofrecida ao cidadán para aumentar as prestacións do servizo.