Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo aproba de forma definitiva os orzamentos de 2018 con 1 millón dedicado a investimentos

Santiso avanzou un financiamento dun millón de euros para o saneamento de Crendes e Orto

 

 

O Concello de Abegondo dispón de orzamentos municipais para 2018 aprobados de forma definitiva, tal e como recolle o Boletín Oficial da Provincia (BOP) no día de hoxe, ao non presentarse alegacións no seu período de exposición ao público. O documento crece un 3,75% con respecto a 2017, alcanzando unha cifra de 4.294.300 euros e reservando unha gran contía, 994.704,71 euros, a investimentos, é dicir, un 23% do total.

É dicir, os investimentos crecen tamén con respecto ao pasado exercicio, neste caso un 5,62%. O executivo local que preside José Antonio Santiso centra na seguridade viaria e nos equipamentos a maioría das actuacións, atendendo ás demandas que se van recollendo nas distintas parroquias de Abegondo.

O investimento na rede de estradas será de 692.606,16 euros. Incluirá importantes proxectos para a seguridade dos peóns, como a construción dunha nova senda peonil na AC-542. As partidas contemplan melloras de camiños en todas as parroquias do municipio. Identificáronse aqueles con maior estado de deterioración para renovar o pavimento ou ampliar a calzada, como na que conecta Montouto coa Fraga. Tamén haberá unha dotación específica para o pintado de camiños municipais máis transitados.

Dedícanse tamén fondos para xerar novos aparcadoiros en dependencias moi utilizadas polos veciños. Será o caso da escola infantil municipal ou do campo de fútbol de San Tirso.

O Concello tamén reserva unha partida de 12.000 euros para a adquisición dun inmoble en Leiro e así poder eliminar o histórico tapón urbanístico da estrada provincial, que impide o paso normal de dous vehículos e supón un risco para o peón.

A nivel de equipamentos, o goberno local reserva 61.000 euros para actuacións de mellora na rede de centros sociais. Empezarase polas dependencias con maior necesidade de melloras, como o de Montouto, Limiñón ou Bordel.

Benestar e novas bolsas a deportistas

Ademais dos investimentos en infraestruturas, o alcalde destaca que o 10% do orzamento dedícase a partidas de asistencia social. Nelas provense os fondos para a atención á dependencia, ao colectivo de maiores ou o programa para persoas con discapacidade.

Tamén se reservan partidas para situacións de emerxencia social, aínda que afortunadamente en Abegondo agora hai poucos casos. No entanto, Santiso recalca que “se é necesario dedicaranse todos os fondos necesarios a axudar a veciños que teñan esa situación”.

Unha das novidades que contemplan os orzamentos, explica o rexedor, é a creación dunha liña de axudas específica para deportistas individuais de Abegondo. Terá como estreo 8.000 euros. “Temos moitos mozos que se están esforzando por chegar á elite deportiva e queremos pór o noso gran de area xa que somos conscientes das dificultades que lles supón”, apunta.

A nivel educativo, hai partidas para manter o programa de bolsas educativas, que propicia o acceso ás distintas etapas, e as axudas á conciliación a través da ANPA.

Descargas