Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo preséntalle á Xunta as medidas provisionais do plan e apunta ao verán para a súa aprobación definitiva

Urbanismo emitirá o seu informe preceptivo nun prazo dun mes. O alcalde espera darlles resposta á gran maioría das necesidades dos veciños

 

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, presentou hoxe na Dirección Xeral de Urbanismo o borrador de medidas provisionais do plan. É unha figura que contempla a lei galega para apoiar os municipios cuxo Plan Xeral de Ordenación Municipal se anula xudicialmente, no caso de Abegondo por mor da denuncia interposta pola denominada Plataforma de Afectados.

O rexedor acudiu a Santiago acompañado do arquitecto municipal, o secretario, e o equipo técnico que redactou as medidas. Alí foille exposto o documento á directora xeral, Encarnación Rivas, que asistiu á reunión xunto co subdirector xeral, a xefa dos servizos xurídicos, e técnicos de urbanismo.

O borrador xa incluía os distintos parámetros que foi marcando Urbanismo no contacto continuo mantido co equipo redactor. Só se inclúen solos urbanos consolidados e solos de núcleo rural. O non consolidados e os urbanizables non se poden contemplar. E o solo rústico queda igual, como marca a lei de 2016.

Inclúense neste borrador das medidas un total de 85 núcleos rurais, todos coa mesma delimitación, fronte aos 141 que se consideraban no Plan Xeral. Nestes 85 están todos aqueles núcleos onde houbo actividade de obra maior e aqueles que os veciños manifestaron o seu compromiso de construír.

En canto ao número potencial de vivendas novas, púidose deixar a cifra en 1088, fronte ás 2622 que se permitían na PXOM.

A delegación abegondesa aproveitou na reunión para expor incorporar máis núcleos rurais ás medidas de cara a favorecer as posibilidades de desenvolvemento a máis veciños. Pero os técnicos autonómicos non o ven posible. Tal e como se orientou a denuncia á cifra excesiva de novas vivendas non se pode agora contemplar un número maior.

“O noso desexo sería poder incluír todos os núcleos, pero vémonos obrigados a estas medidas pola denuncia e a posterior sentenza”, explica o alcalde. Santiso apunta que este instrumento impedirá unha parálise da construción e espera que lles dea resposta á gran maioría das necesidades. “Desde que coñecemos a anulación puxémonos mans á obra para buscar unha alternativa”, sinala.

Prazos

Agora o Concello remitirá oficialmente o borrador tanto a Urbanismo como a Medio Ambiente. Ambos os dous organismos deben emitir o seu informe preceptivo previo para a aprobación inicial que lle corresponderá ao pleno da corporación.

Hoxe Urbanismo apuntou a un prazo dun mes para realizar o devandito informe. Tras a aprobación inicial haberá un período de exposición ao público de 20 días e en paralelo solicitaranse os informes sectoriais pertinentes, cun prazo dun mes para a súa emisión.

Con eles xa se poderán aprobar de forma definitiva no pleno. A previsión do Concello é que iso suceda o próximo verán. Desde que se aproben as medidas terán unha vixencia máxima de tres anos e medio.

Mentres, o goberno local xa tramita a contratación da redacción do novo Plan Xeral, para o que xa recibiu a confirmación da axuda por parte da Xunta de Galicia. Cos orzamentos municipais aprobados de forma definitiva desde hoxe, o Concello prevé contar cos pregos para a licitación na primavera.