Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo estrea 2018 ao grande co seu Mercado de Ano Novo

Unha cita na que se instalaron máis de 40 postos con produtos variados, artesanía, degustacións, talleres e música

 

O Concello de Abegondo celebrou esta mañá a súa primeira feira de 2018, bautizada como Mercado de Ano Novo. O mal tempo destes días deu hoxe unha tregua, e a mañá asollada permitiu que o evento contase cunha gran afluencia de público.

Os asistentes puideron botar unha ollada aos máis de 40 postos habilitados, nos que podían atoparse pezas de artesanía e téxtil, facerse con algúns dos produtos típicos da comarca ou participar nos talleres para nenos que levaron a cabo. Ademais, a Banda de Música de Abegondo realizou uns pasarrúas para animar a mañá.

Non faltou a comida. Para loitar contra o frío a organización habilitou unha degustación gratuíta de chocolate e, durante toda a mañá, os establecementos de hostalaría da zona ofreceron mexillóns aos visitantes. Xa ao mediodía, os postos de polbo e churrasco comezaron a despachar racións para atender aos comensais.