Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo incorpora nova maquinaria para o seu servizo exclusivo de limpeza de camiños

O alcalde, o delegado provincial e o director xeral comprobaron o funcionamento de novo tractor

 

O Concello de Abegondo reforza un dos servizos de mantemento máis importantes: a roza e limpeza de camiños. Aínda que non é moi habitual entre os municipios, o goberno local conta con dous tractoristas, dedicados en exclusiva durante o ano á limpeza da rede viaria.

Para mellorar as prestacións deste servizo, o Concello de Abegondo conta con nova maquinaria: un tractor con cabestrante e as rozadoras de arrastre e de brazo, adquiridos grazas á subvención outorgada pola Xunta de Galicia.

O alcalde, José Antonio Santiso, recibiu ao delegado provincial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e ao director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, que, acompañados de técnicos municipais e autonómicos, comprobaron o funcionamento do novo tractor. O acto tivo lugar nunha finca municipal de San Marcos.

O tractor con cabestrante permite a limpeza dos noiros, mentres que co apeiro rozador será posible actuar nas cunetas. O investimento sumou un total de 109.000 euros.

O alcalde explicou que “todo reforzo dos labores contra os lumes forestais debe ser prioritario”. Santiso apunta que estes traballos se suceden durante todo o ano, sendo especialmente intensos no verán.