Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Subvencións da Xunta para asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia

O prazo de presentación de solicitudes remata o 5 de febreiro

 

 

A Xunta de Galicia publicou a Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2018 dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

O Concello de Abegondo asesora a todas as entidades susceptibles de ser beneficiarias sobre estas subvencións e axuda na tramitación para a súa solicitude.

Extracto da orde

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións convocadas as asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas debidamente inscritas no rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

Segundo. Obxecto

Poderán ser obxecto de subvención os gastos ocasionados como consecuencia de investimentos realizados en inmobles de titularidade veciñal ou sobre os cales a entidade solicitante ten un dereito de uso por convenio ou por calquera outro título, así como equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles vinculados a acadar unha eficaz prestación dos servizos de interese veciñal, análogos aos encadrados como servizos básicos municipais na lexislación de réxime local, e a mellora da vida local nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, incluídos os camiños veciñais e as traídas de augas xestionadas polas comunidades de usuarios de augas.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 15 de novembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, para o ano 2018, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

Cuarto. Importe Para a concesión destas axudas destínase crédito por un importe total dun millón de euros (1.000.000,00 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.