Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

O Concello incrementa os equipamentos do campo de San Tirso cunha pista multideporte e novos vestiarios

 

 

O Concello de Abegondo emprende un novo proxecto que creará novos equipamentos no campo de fútbol de San Tirso, instalación que acolle a diario as actividades das escolas municipais, con máis de 200 usuarios. O campo reúne cada día a numerosas familias e con obxecto de proporcionar un espazo de lecer infantil complementario, o Concello está a instalar unha pista multideporte.

Irá situada entre o campo e os vestiarios, dentro do propio recinto. Terá firme de céspede artificial, con peche, e contará con portarías e canastras para a práctica de diferentes modalidades deportivas.

Será de uso libre para os veciños de Abegondo, que poderán acudir a ela durante a apertura do campo. Un dos seus principais obxectivos será ofrecer unha alternativa de lecer aos irmáns dos xogadores das escolas municipais, que van durante os adestramentos e partidos xunto coa súa familia ao campo.

Os traballos corren a cargo da concesionaria das actividades, coa que o goberno local alcanzou un acordo para aumentar así as prestacións do campo.

O alcalde, José Antonio Santiso, desprazouse hoxe pola mañá ata a instalación para comprobar o avance dos traballos, que acaban de comezar e que se rematarán nos próximos días. “Será un complemento idóneo para un dos equipamentos municipais con máis uso”, sinala o rexedor.

Santiso explica que xunto coa reformada área recreativa do Monte, situada no exterior, xérase un “contorna perfecta” para pasar unha xornada en familia.

A instalación da pista multideporte non é a única actuación en curso no campo de San Tirso. O Concello está a construír novos vestiarios para as escolas municipais.

Haberá catro novos vestiarios e tres novos aseos, un deles adaptado. Con eles mellorarase notablemente as prestacións para os xogadores e árbitros, permitindo o seu uso por varios equipos, de especial utilidade cando se disputan partidos simultáneos.