Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo acometerá en 2018 un plan de melloras na súa rede de centros sociais

Faranse actuacións de acondicionamento nas instalacións a petición dos veciños

 

 

O Concello de Abegondo prepara un importante plan de mellora na súa rede de centros sociais municipais. O elevado uso dos espazos require un mantemento continuado e ás veces aparecen elementos deteriorados co paso do tempo.

Na primeira fase daráselle prioridade a aqueles que presentan maior necesidade de actuación. Será o caso, por exemplo, dos de Bordel, Limiñón, Montouto, Viós e Presedo, nos que apareceron humidades e necesítase dun tratamento específico para eliminalas.

No caso de Montouto, as instalacións víanse prexudicadas pola existencia de eucaliptos na contorna, que xeraban sombra. Despois da tala desas árbores por parte do propietario, o Concello velará por que se garden as distancias de plantacións que marca a lexislación e así deixar un centro social máis luminoso e soleado.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, sinalou que a conservación dos centros sociais é unha das “prioridades” a nivel de equipamentos municipais. O rexedor convida os veciños a trasladar as súas peticións de mellora para que sexan incluídas na medida do posible.

Abegondo conta cun potente conxunto de centros sociais en todas as parroquias. Son un tipo de espazos que funcionan moi ben, tanto para ser punto de encontro entre os veciños como para acoller a realización de actividades municipais ou das asociacións.