Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo aproba de forma definitiva a ordenanza para gravar o aproveitamento do dominio público polas subministradoras

As empresas non presentaron recurso. Afectaralle á rede eléctrica, gasoduto ou oleodutos, seguindo as sentenzas do Supremo

 

 

O Concello de Abegondo aproba de forma definitiva a ordenanza reguladora da taxa polo aproveitamento de dominio público por parte de empresas de transporte de subministracións como electricidade, auga, gas ou hidrocarburos.

Así figura no texto publicado hoxe no Boletín Oficial da Provincia, que establece que non se recibiron alegacións. O acordo procede dunha proposta elevada polo goberno local ao pleno, que a aprobou de forma inicial o pasado novembro.

Coa regulación, o Concello gravará a utilización privativa do dominio público no seu solo, subsolo e voo. Afectará a instalacións, liñas, transformadores e demais elementos de transporte de enerxía, e aos gasodutos, colectores de abastecemento e oleodutos.

O alcalde, José Antonio Santiso, resalta que Abegondo “soporta moitas infraestruturas” e con esta proposta “polo menos lograremos que estas multinacionais paguen unha taxa que repercuta nos veciños”. O rexedor explica que a idea se sustentou nas diversas sentenzas do TSXG e do Tribunal Supremo desestimando os recursos das empresas.