Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

O alcalde e a conselleira de Medio Ambiente asinan o convenio para o financiamento do novo Plan Xeral de Abegondo

 

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, e a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, asinaron hoxe o convenio de colaboración entre o Concello de Abegondo e a Xunta de Galicia para o financiamento do novo Plan Xeral do municipio.

O Concello logra a axuda de 150.000 euros para a redacción do plan, anulado pola xustiza tras a denuncia da Plataforma de Afectados. A axuda autonómica procede da liña específica que ten a Xunta para os casos de anulación de plans xerais, que en Galicia supoñen un de cada tres. O Concello achegará outros 40.000 euros.

A sinatura do convenio permitirá a próxima licitación do servizo de redacción. En paralelo, e desde que se coñeceu a sentenza, o Concello traballa nas medidas provisionais do plan, fórmula que contempla a lei e que garantirán, en tanto non se conte co novo PXOM, que non se paralice a actividade construtiva en Abegondo.

As medidas adaptaranse a un número de vivendas inferior, tal e como se ditaminou na sentenza por mor da argumentación aducida polos denunciantes baseada nunha previsión excesiva de crecemento do municipio. O Concello ultima estas medidas que deberán contar co informe favorable de Medio Ambiente de forma previa a ser aprobadas inicialmente no pleno municipal.

A lexislación outorga un prazo máximo de tres anos e medio, desde que son aprobadas as medidas provisionais, para que o concello en cuestión dispoña de novo PXOM aprobado.


RGporn.com - Download Porno HD