Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo acollerá un curso de Monitor de Fútbol Base en febreiro

O obxectivo deste programa formativo é que os aspirantes a adestradores saiban como adestrar a nenos de distintas idades

Abegondo acollerá en febreiro un curso de Monitor de Fútbol Basee. Este programa, organizado pola Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) en colaboración co Concello, ofrecerá unha formación teórica, adecuada e con criterio a futuros adestradores deste deporte. O obxectivo, tal e como indican desde a RFGF, é que os aspirantes a monitores saiban como ensinar a nenos de diferentes idades a xogar ao fútbol.

Esta mañá, o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, a xefa do servizo de Deportes do Concello, Isabel Rodríguez López, o director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera, o director técnico da Escola de Fútbol Base, Daniel González e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Juan Luis Villamisar Méndez, reuníronse para ultimar os detalles do programa, que se converterá, para moitos mozos, na primeira toma de contacto co mundo do adestramento.

O curso arrincará en febreiro e levará a cabo na aula multimedia da Casa Consistorial. Terá un enfoque eminentemente teórico, e durante o mesmo, abordaranse materias relacionadas con táctica, técnica, psicoloxía deportiva, regulamento do xogo e preparación física, entre outras.

Os interesados poderán inscribirse na páxina web da Federación Galega de Fútbol, que publicará a convocatoria nos próximos días. Para asistir ao curso os aspirantes deberán ter, polo menos, 16 anos, e abonar o prezo do mesmo, de 150 euros.


RGporn.com - Download Porno HD