Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Comezan os traballos de creación das novas sendas peonís de Leiro e Bordel

O alcalde e os técnicos da Deputación e Concello visitaron hoxe as dúas zonas, que acollerán as obras á volta das festas

Comezan os traballos para a construción de dúas novas sendas peonís en Abegondo. Serán en concreto en Leiro e en Bordel, co cofinanciamento da Deputación da Coruña, co obxectivo principal de mellorar a seguridade para os peóns, ao proporcionarlles un espazo seguro para camiñar.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, desprazouse hoxe xunto con técnicos provinciais e municipais ata o lugar das actuacións para a realización da visita técnica. É o punto de inicio das actuacións. A previsión é que as obras comecen á volta das festas.

A primeira senda será no Cerrado, parroquia de Leiro. Discorrerá entre os puntos quilométricos 12,170 e 12,750 da DP-0105. Terá un ancho de 1,80 metros, será de formigón sobre zahorra e terá tubos para a recollida das augas pluviais.

A segunda senda será en Bordel, na DP-0101 entre os quilómetros 1,5 e 2,19. Será de características similares, con 1,80 metros de ancho.

O orzamento das actuacións é de 119.000 euros. Santiso destacou na visita que son actuacións que “darán resposta á necesidade dos veciños destes núcleos de desprazarse a pé con seguridade”.


RGporn.com - Download Porno HD