Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

O Mercado de Nadal de Abegondo resiste ao temporal aínda que con menor afluencia de xente e postos

Unha parella de veciños de Meangos foron os gañadores da Cesta de Nadal que se sorteou entre os que mercaron na feira. Unha degustación de champiñóns polos diferentes establecementos de hostalería da zona foi o acompañamento gastronómico da cita. A Escola Municipal de Gaitas e Baile do Concello de Abegondo amenizou a mañá coas súas coplas.

Aínda que o tempo non acompañou, a feira de Abegondo non faltou á súa cita de cada segundo domingo de mes. Nesta ocasión, co nome de Mercado de Nadal, xuntou a comerciantes e veciños nas rúas á beira da Casa do Concello. Na cita houbo obradoiros para os máis pequenos, unha campaña solidaria de Cáritas, o sorteo dunha Cesta de Nadal, a degustación de petiscos de champiñóns e, como non, moita música por conta da EM de Gaitas do Concello

Aqueles que mercaron produtos nos diferentes establecementos comerciais, ou acudiron aos locais hostaleiros situados na zona da feira, recibiron un boleto para participar no sorteo dunha Cesta de Nadal valorada en 150 euros. A parella gañadora do premio foi Alfredo e Cathy Regueiro da parroquia de Meangos. Fixeron entrega da cesta o alcalde do municipio, José Antonio Santiso Miramontes, e o concelleiro da Área de Mantemento Enerxético, Industria, Feiras e Xuventude, Marcos Zapata.

Degustación de champiñóns

O champiñón foi o protagonista gastronómico da mañá abegondesa. Os establecementos hostaleiros da contorna da feira sumáronse a unha degustación deste produto en forma de petiscos. A idea é que cada feira do segundo domingo de mes conte cunha exaltación gastronómica que lle dea protagonismo aos produtos locais e ás producións da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Os rapaces do CEIP San Marcos non faltaron á cita co seu posto á procura de recadar fondos cos que facer a súa excursión a Madrid ao final de curso. Tamén houbo presenza na feira dunha campaña solidaria de Cáritas. Houbo obradoiros de Nadal para nenos e nenas de ata 13 anos nos que a rapazada fixo adornos e tarxetas de felicitación.

Dado que a meteoroloxía non acompañou o número de postos viuse mermado e quedou nun 25% do habitual. Os veciños acudiron tamén a facer as súas compras en menor número, pero o mercado puido realizarse sen contratempos pese á choiva. Vento, houbo pouco pola hora do día na que se celebraba. O mercado desenvolveuse novamente nas rúas situadas á beira da Casa do Concello. A música chegou da man da Escola Municipal de Gaitas e Baile do Concello de Abegondo que amenizou a mañá de feira.


RGporn.com - Download Porno HD