Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo recibirá o financiamento de 150.000 euros da Xunta para a redacción do novo Plan Xeral

O Concello finalizará antes de final de ano a elaboración das medidas provisionais do planeamento. Iniciar a licitación do PXOM é condición necesaria para a aprobación das ditas medidas

 

 

O Concello de Abegondo recibirá 150.000 euros de subvención da Xunta de Galicia para a contratación da redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. Na sesión celebrada hoxe en San Caetano, o Consello da Xunta aprobou o convenio de colaboración polo que se establece este financiamento.

O Concello achegará outros 40.000 euros para custear o servizo de confección do plan. A axuda autonómica procede da liña específica que ten a Xunta para os casos de anulación de plans xerais, que en Galicia supoñen un de cada tres.

Unha vez que se publique a aprobación do convenio, o Concello iniciará “de inmediato” o procedemento de licitación. Isto era condición sine qua non para a aprobación das medidas provisionais, que garantirán, en tanto non se conte coa novo PXOM, que non se paralice a actividade construtiva en Abegondo.

O Concello ten en marcha a elaboración destas medidas provisionais do plan, fórmula que proporciona a lexislación autonómica para os casos de plans xerais anulados pola xustiza, neste caso tras a denuncia da plataforma de afectados. Estas medidas propiciarán que non se paralice a construción, adaptándose no caso de Abegondo, a un número de vivendas inferior, tal e como se ditaminou na sentenza.

As medidas provisionais afectarán en primeiro lugar aos núcleos rurais. Seguindo o exposto na denuncia, calcúlase que o número de novas vivendas que se contemplen débese rebaixar á metade. As medidas propiciarán que se manteña a delimitación proposta no Plan para aqueles núcleos con garantía de desenvolvemento.

En segundo lugar, as medidas versarán sobre o solo urbano consolidado. A día de hoxe, salvo varias parcelas con esta cualificación en San Marcos e en San Tirso que quedaron anuladas explicitamente, pódense seguir dando licenzas para o solo urbano consolidado, seguindo iso si as normas provinciais dos anos 90. Coas medidas provisionais, o Concello regulará este tipo de solo para que se rexa por unha normativa actualizada. Con estas dúas accións evitaríase unha paralización na construción, tanto en solo urbano como en solo rural.

O goberno local estima que antes de finalizar o ano contará con esas medidas provisionais, que serán remitidas á Consellería de Medio Ambiente para que realice o preceptivo informe. Logo, co informe favorable, deberán ser aprobadas no pleno da corporación de forma inicial.

Durante o trámite de información pública, solicitaranse os informes sectoriais e as consultas que resulten preceptivas. Posteriormente, tras a emisión de informe polos servizos xurídicos e técnicos municipais aprobaranse de forma definitiva as ordenacións provisionais por parte do Pleno do Concello.

A lexislación outorga un prazo máximo de tres anos e medio, desde que son aprobadas as medidas provisionais, para que o Concello en cuestión dispoña de novo PXOM aprobado.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, asegura que desde que se coñeceu o ditame xudicial “traballamos arreo para ter validada esta fórmula canto antes”. O rexedor considera que estas medidas “favorecerán os veciños que teñen planeado construír e se viron prexudicados pola denuncia e a anulación”.


RGporn.com - Download Porno HD