Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo executa un proxecto de mellora das prestacións da escola infantil municipal

As paredes das aulas contarán con pintura tipo encerado para fomentar a creatividade. Incrementarase a seguridade nos xogos infantís

 

 

A escola infantil municipal de Abegondo é un dos principais alicerces sobre os que se asenta o plan de conciliación do Concello. Para medio centenar de familias é un servizo esencial e por iso o goberno local trata de acometer cada ano novas actuacións na dependencia.

O Concello está a acometer agora un proxecto de mellora das instalacións que afecta a diversos espazos do centro. No xardín está a instalarse un novo areeiro, con cuberta para evitar a acumulación da auga da choiva. E na zona de xogos colocarase novo chan baixo o tobogán para incrementar a protección para os nenos.

Tamén no exterior colocaranse diversas papeleiras e unha billa para facilitar as operacións de limpeza.

No interior mellorarase o espazo reservado á sesta dos pequenos cun material protector. E nunha das aulas cambiarase o aseo con elementos adaptados ás idades dos usuarios.

Outra das accións será a dotación de pintura de tipo encerado nas paredes das aulas. Desta forma os nenos poderán pintar nelas con xiz, propiciando actividades que impulsen a súa creatividade.

Finalmente mellorarase o control de acceso á escola cun vídeo porteiro. O Concello tamén adquirirá novo equipamento, como diverso material didáctico, xogos, mobiliario interior e equipos de música.

O proxecto supón un investimento de 21.379,43 euros, financiados pola Xunta de Galicia a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural 2014-2020 (FEDER).