Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo concede bolsas de estudo a 385 veciños de todas as etapas educativas

Inviste 43.883 euros para apoiar o acceso ás ensinanzas desde infantil ata a universidade

 

 

Abegondo dedica a Educación unha das súas principais convocatorias de axuda aos veciños. Nesta nova edición son 385 os veciños beneficiarios das bolsas municipais, 28 máis que o ano pasado, cuxo principal obxectivo consiste en favorecer o acceso educativo en todas as etapas.

Eses 385 beneficiarios proceden das seguintes etapas: 45 de infantil; 151 de primaria; 77 de secundaria; 73 de ensinos medios e de educación especial; 38 de estudos universitarios; e un da aula Mentor.

O investimento do Concello de Abegondo nesta convocatoria de bolsas ascende a 43.883 euros. A contía concedida é variable, segundo a etapa educativa da que se trate, e a renda per capita da unidade familiar do solicitante, nalgún casos, ou a distancia co centro educativo, noutros.

Así, no caso de infantil, cada solicitante leva 75, 70 ou 60 euros, segundo a renda; en primaria leva 90, 80 ou 70 euros; e en secundaria, 110, 100 ou 90 euros. Os casos de solicitantes con renda superior ao 150% do IPREM son denegados. Na etapa de bacharelato, ciclos formativos e demais ensinanzas medias a contía é de 130 euros. Para educación especial é de 350 euros e os universitarios reciben 200 euros cada un.

Finalmente, no caso da axuda a Aula Mentor, última modalidade en incorporarse a este sistema, pretende tamén apoiar o acceso á formación para adultos.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, móstrase satisfeito por que o Concello poida contribuír ao acceso educativo dos veciños. “Todo investimento en educación é prioritario”, sinala.