Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

As Mariñas Coruñesas expón nun seminario internacional en Colombia o seu plan de implantación da marca de calidade

O presidente acudiu en representación das Reservas de Biosfera de España. A marca xa funciona nos sectores de viños, lácteos, horta e marmeladas e trabállase en pola en marcha no pan, restauración, mel, cervexa e plantas aromáticas

A proxección internacional da Reserva de Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo queda de manifesto esta semana. A entidade foi convidada para expor o seu traballo en representación de España nun seminario que ten lugar en Colombia, en Cartagena de Indias.

Trátase do Seminario sobre Economías Verdes e Marcas de Calidade de Reservas de Biosfera, organizado pola rede iberoamericana de reservas. Alí está o presidente, José Antonio Santiso, que na noite de onte (tarde en Colombia), ofreceu unha conferencia sobre a xestión da marca de calidade na reserva coruñesa.

A intervención de Santiso suscitou gran interese entre os asistentes, ao poder coñecer de primeira man o funcionamento real dunha marca recentemente creada e nun territorio tan particular como o das Mariñas Coruñesas, que combina zonas de alta riqueza natural con entidades de poboación e tecido empresarial.

Santiso expuxo que a marca de calidade acábase de implantar en catro sectores: os lácteos, os produtos de horta, os viños e as marmeladas. E na actualidade trabállase para a súa implantación noutro cinco: o pan, a restauración, a cervexa artesá, o mel e as plantas aromáticas. Para cada un deles, apuntou o presidente, establécese un sistema de control, cos procedementos de inscrición e seguimento e control. E os pregos de condicións cos requisitos, características do produto e boas prácticas a seguir para entrar na marca.

“A marca permítenos ofrecer un distintivo de calidade, dicirlle ao usuario que vai comprar un produto cuns valores acordes aos da biosfera”, sinalou Santiso. O alcalde de Abegondo defendeu “a identificación do consumidor co produto como factor clave”.

Na sesión, o presidente tamén expuxo a orixe e os retos de futuro das Mariñas Coruñesas, incluíndo a súa actuación proceso de ampliación e o interese que suscitou en máis municipios e que podería conducir a unha maior expansión. Como retos mencionou a loita contra o abandono das terras agrarias, a mellora da competitividade do sector agroalimentario local ou o incremento da presenza dos produtos no comercio.

Na cita participan representantes de países como Francia, México, Perú, Brasil, Arxentina, Cuba, El Salvador ou Paraguai.