Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

II Congreso Español de Reservas de Biosfera

Durante os días 18 - 22 de setembro tivo lugar, en Torla (Huesca), o II Congreso Español de Reservas de Biosfera

Con motivo da celebración deste Congreso, representantes da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, realizaron a presentación do proxecto “Deseño de ferramentas para minimizar o impacto sobre o medio natural nas aplicacións de xurro de explotacións de porcino” concedido ao abeiro das axudas FEADER  2016 e do cal é coordinadora a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, xestora tamén da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Ademáis da A.D.R. Mariñas-Betanzos, participan neste proxecto, o Instituto Galego de Calidade Alimentaria (INGACAL), representado no proxecto polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo; o Concello de Abegondo; a Universidade de Santiago de Compostela, a través do Laboratorio do Territorio (LaboraTe); a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) e Coporc Sociedade Cooperativa Galega.

O obxectivo deste proxecto é a creación dunha ferramenta informática accesible on line que lle permita ao gandeiro, realizar de maneira correcta a aplicación-xestión dos xurros, para minimizar afeccións ao medio ambiente e impedir a contaminación de fontes e mananciais de auga destinados ao consumo humano.

Descargas