Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo impulsará un plan piloto nas fontes do Camiño Inglés da provincia co novo programa LIFE concedido por Europa

É o único municipio español e un do seis europeos que logra o financiamento. Crearanse 27 fontes con garantía sanitaria, zona de descanso e froita para os peregrinos

 

 

O Concello de Abegondo logra por terceira vez a concesión do programa europeo LIFE. Se o primeiro se dirixiu á contorna do encoro de Cecebre e o segundo aos sistemas de abastecemento autónomo de auga, este terceiro consistirá nun plan piloto para as fontes públicas que levará a cabo en todo o Camiño Inglés que atravesa a provincia da Coruña.

Abegondo coordina o proxecto, que ten como socios á Consellería de Sanidade, Augas de Galicia, a Deputación da Coruña e a Reserva de Biosfera "As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo". Os concellos por onde pasa o Camiño, e que se verán beneficiados pola iniciativa abegondesa, manifestaron o seu apoio: A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Mesía, Ordes, Oroso, Santiago, Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos e Abegondo. É dicir, 18 municipios, tanto do ramal que parte da Coruña como do que parte de Ferrol.

O proxecto, denomimado LIFE Water Way, parte da problemática existente en Galicia coas fontes públicas. A cidadanía bebe delas por tradición pero a práctica totalidade da auga que emana dos mananciais públicos carece duns parámetros sanitarios que a convertan oficialmente en apta para o consumo. O programa quere cambiar este concepto, adaptar as fontes aos criterios sanitarios marcados no Real Decreto 140/2003 e demostrar a súa validez no Camiño Inglés a Santiago.

Crearanse 27 fontes, a partir dos mananciais tradicionais, cos seus equipos de tratamento para lograr eses parámetros de calidade. O tramo onde se actuará ten unha lonxitude total de 155 km. O programa asegurará a existencia dunha fonte cada 5,57 km.

Adecuarase así mesmo a contorna de cada fonte. Terán zona de descanso e árbores froiteiras, para favorecer a parada dos peregrinos.

Outro dos obxectivos do plan piloto é que se poida reproducir logo noutros puntos. Prográmanse dous congresos, un na Coruña a nivel galego e outro en Santiago a nivel internacional, para dar a coñecer a iniciativa.

O alcalde, José Antonio Santiso, destaca o "fito" que supón para Abegondo lograr por terceira vez un programa destas características. De feito, nesta convocatoria, o único municipio de España beneficiario é Abegondo. E en toda Europa, os únicos municipios beneficiarios foron París (2,2 millóns de habitantes), Róterdan (631.155 habitantes), Durham (513.200), Padua (211.560), Lucca (89.808) e Abegondo (5.700).

"Somos un municipio pequeno pero estamos moi concienciados de que debemos dedicar esforzos a mellorar a calidade da auga", apunta o rexedor. Considera que o concepto innovador e replicable destes plans pilotos é o que conduce ao recoñecemento por parte de Europa.

O orzamento total do proxecto será de 973.408 euros, dos que a Unión Europea financia 369.552. O resto da contía procede da Xunta, a Deputación e o Concello de Abegondo.