Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Fondo pesar polo falecemento, aos 107 anos, da veciña máis lonxeva de Abegondo

O seu marido faleceu aos 106 anos, constituíndo un caso case único en Galicia

 

 

Fondo pesar en Abegondo polo falecemento, no día de hoxe, a vos 107 anos da veciña máis lonxeva do municipio: Carmen Aurora Rodríguez. Natural da parroquia de Leiro, residía desde hai uns anos en San Marcos, co seu fillo e a súa nora, e cumpriría 108 o próximo 13 de outubro.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, transmitiu en nome da corporación a súa dor pola morte de Carmen Aurora, quen foi un exemplo de vitalidade, traballo e dedicación.

Dáse a circunstancia de que o seu marido, falecido en 2009, constituíu outro caso de lonxevidade ao morrer aos 106 anos, constituíndo seguramente un dos poucos casos desta índole en Galicia.

Nas visitas habituais do Concello aos centenarios o día dos seus aniversarios, os propios familiares apuntaban á antiga Fonte do Quenlle como unha das posibles explicacións a esta lonxevidade, pois era de onde bebían ambos.

Os aniversarios de Carmen Aurora reunían cada ano a numerosos familiares, amigos e veciños que se desprazaban ata a súa casa para felicitala. O alcalde acudía a entregar un recordo en nome do Concello e lembra o trato inmellorable e próximo de toda a familia.

Descanse en paz.